segunda-feira, 1 de dezembro de 2008
GRELOS E NABIÇAS Estudo galego evidencia propriedades anticancerigenas
A Vigo Gastronómica divulga um estudo feito em que são enaltecidos os poderes anticancerígenos da nabiças e dos grelos. É mais uma evidência da paixão galega por esses gomos verdes que rebentam na laboriosa horta do noroeste ibérico.
Unha investigación do CSIC proba que os grelos e as nabizas teñen propiedades anticanceríxenas e antioxidantes
Ambos vexetais son ricos en calcio e vitamina C
Os grelos e as nabizas teñen propiedades anticanceríxenas e antioxidantes, ademais dun alto valor nutricional. É a conclusión obtida nun estudo da Misión Biolóxica de Galicia, un centro de investigación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).
Nos grelos e as nabizas atopouse a presenza de glucosinolatos, elementos que ademais de proporcionar un sabor amargo ao alimento, teñen propiedades anticanceríxenas. Segundo o principal investigador do proxecto, Pablo Velasco "existen numerosos estudos que relacionan o consumo destos vexetais coa menor incidencia de diversos tipos de cáncer".
Os grelos e nabizas tamén son ricos en vitamina C, o que lles proporciona propiedades antioxidantes. Teñen un alto contido en Calcio, polo que son recomendables para persoas que padecen osteoporoses e unha alternativa para os alérxicos á lactosa, segundo informan desde a Misión Biolóxica.
Pérdida de propiedades
Ademais, o estudo analisou a pérdida das propiedades dos vexetais despois de ser cociñados. Pablo Velasco explicou que parte dos elementos permanecen no alimento tras ser cociñado, outra quédase na auga de cocción e outra "pérdese irremediablemente". Velasco insistiu en que no caldo "podemos atopar unha parte importante das propiedades do vexetal".
Segundo as probas do estudo, entre o 40 e o 50% dos elementos anticanceríxenos quedarían na planta, un 30% pasaría ao caldo e entre o 20 e o 30% restante perderíase. No caso da vitamina C "a perda acada case o 100%" indicou Velasco. Os investigadores experimentaron métodos de cociñado como a cocción a presión o en microondas.As probas reflectiron que "canto máis alta sexa a temperatura e máis tempo permaneza o vexetal exposto a ela, maior será a perda de elementos", concluíu Velasco.
Condicionantes climáticos
O estudo analisou o desenvovemento de diferentes variedades locais de grelos e nabizas segundo os condicionantes climáticos. O principal investigador do proxecto informou de que non todas as variedades responden igual ao clima e concluíu que o "frío e humidade non extremos" son as condicións nas que mellor se desenvolven estes vexetais.
Con relación a isto, Velasco indicou que esperan contar coa colaboración das empresas para "optimizar as sementes e conseguir variedades estables, uniformes, melloradas e resistentes a pragas".
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário